O FORO CÍVICO GALEGO DE BARCELONA

realizou ou promoveu, dende a súa constitución, as seguintes actividades:

ANO / mes

           ACTIVIDADE

 2006 /xullo

Celebración do Día da Patria Galega 2006 / Diada de Galicia 2006 e presentación do Monográfico do número 2 da revista reNOVA GALIza ( Reportaxe Fotográfica ) ( Noticia en Vilaweb  e Noticia en Vieiros )

 2005 /xullo

Celebración do Día da Patria Galega 2005 / Diada de Galicia 2005 e presentación do número 1 da revista reNOVA GALIza ( Reportaxe Fotográfica )  (Noticia en Vieiros e Noticia en Xornal.com)

 2004 /decembro

Organización da commemoración "Sempre en Galiza, avui", 60è  aniversari de la publicació del SEMPRE EN GALIZA (1944- 2004) de A.D. R. Castelao i de la constitució del CONSELLO DE  GALIZA.  (Noticia en A Peneira), (Noticia en Vieiros) e (Fotos do Acto).

 2003

Participación no deseño do proxecto de “reforma da Plaça Otero Pedrayo” no Districte de Nou Barris de Barcelona.

 2002 / outubro

“Pregón-Homenaxe á Bandeira Galega”, acto de apertura das “Festas de San Froilán de Nou Barris de Barcelona”, organitzadas pola Asociación de Amigos de San Froilán de Barcelona co apoio do Districte de Nou Barris de Barcelona.

2002 / maio

Colaboración coa Irmandade Galega "O Botafumeiro" de Cerdanyola del Vallès na realización do Día das Letras Galegas 2002.

2002 / abril

Colaboración co Ajuntament de Cerdanyola del Vallès e a Irmandade Galega "O Botafumeiro" no acto de Poesía Galega na Rúa. Homenaxe aos poetas galegos de posguerra, na praza Abat Oliva de Cerdanyola, como clausura de "24 hores de lectura Sant Jordi 2002".

 2001 / xullo

Colaboración no proxecto de creación e inauguración do "Parque público Rosalia de Castro” en Sant Andreu de la Barca, patrocinado polo Ajuntament de Sant Andreu de la Barca.

2001 / abril

Organización do IIº Día da Cultura galega /Diada de la Cultura gallega 2001: “Homenaxe a Ramón Otero Pedrayo”, coa colaboración do Districte de Nou Barris de Barcelona, a Fundación Otero Pedrayo e a Deputación de Ourense.

2001 / marzo

Colaboración no “Coloquio Oteriano de Barcelona”, organizado na Facultat de Filologia de la Universitat de Barcelona e no Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, xuntamente co Consello da Cultura Galega e a Fundación Otero Pedrayo de Ourense.

 2000 / abril

Organización do Día da Cultura galega / Diada de la Cultura gallega 2000: “Homenaxe a Castelao e a Otero Pedrayo”, coa colaboración do Districte de  Nou Barris de Barcelona.