|
A acta
de nacemento do Foro Cívico Galego de Barcelona parte dunha
iniciativa que arelou e arela, por riba de persoalismos, bandeiras
partidistas e intereses particulares, amosar en unidade de esforzos o
patrimonio cultural de Galicia e afirmar a súa identidade diferencial
(lingüística, cultural e cívica) da nosa comunidade en Barcelona nos seus
aspectos máis cualitativos. |

Breve resumo do que
foi o proceso constituínte do FCGB |
|

Como cidadáns
de Catalunya, e en razón da nosa singularidade identitaria de orixe,
considerámonos formantes de pleno dereito deste puxante país posuidor de
lingua, cultura de seu e personalidade política propia e diferenciada.
|
Como galego-cataláns e/ou
catalán-galegos residentes en Cataluña (país no que teñen
presencia inmigrantes dos cinco continentes), sabémonos tamén inmersos
nunha
sociedade plural, multicultural e multilingüística.
Neste
contexto, na mesma medida que temos o
privilexio de compartir a lingua, a cu!tura e os bens públicos de
Catalunya, identificámonos como minoría nacional diferenciada
que sente a responsablidade de arrequecer o patrimonio deste país
achegando o ser da propia identidade.
|
|

Como
fillos e
amigos de Galicia sentímonos unidos por lazos inalienables aos destinos
vitais, políticos e culturais de Galiza como vello pobo peninsular e
europeo; así mesmo, como colectivo emigrante identificámonos como parte viva
da comunidade internacional denominada a Galicia Exterior, esa
Nación galega espallada polo planeta, que afonda
as súas raiceiras coa Terra Nai apertando varias xeracións de descendentes
de emigrantes a través do lume da Galeguidade como vínculo material e
espiritual. |
Principios
fundacionais e funcionais do FCG
|